domingo, 18 de octubre de 2020

A PÍLLARA DAS DUNAS NA POBRA DO CARAMIÑAL

O. Gaitán.

Onte englobado dentro do Proxecto "Conservación da Píllara das dunas mediante a educación e o coñecemento, nas praias da península do Barbanza",  coofinanciado pola Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal, celebramos a presentación da Píllara das dunas S.O.S. no Auditorio Valle-Inclán,  onde se encheron todos os espazos dispoñibles deste local.

O. Gaitán.


Os participantes moi interesados coñeceron un pouco mais a píllara e tomaron conciencia dos problemas que teñen na comarca para a sua supervivencia o que reflexaron posteriormente na mesa redonda na que participaron activamente.

O. Gaitán.

Logo na saída a Corna viron in situm os retos aos que cada ano se enfrentan as píllaras, como os cans , pois no espazo de tempo que estivemos no areal 14 cans accederon a esta praia.

O. Gaitán.

Grazas a todas as personas participantes e que mostraron interés pola proteción desta pequena ave.

miércoles, 14 de octubre de 2020

PÍLLARA DAS DUNAS S.O.S.

 

Este sábado celebramos no Auditorio do Museo Valle-Inclán,  no Concello da Pobra do Caramiñal, unha charla e unha saída a praia de Corna, para dar a coñecer a todas as persoas interesadas a Píllara das dunas e a  problemática coa que se enfrentan cada ano.

Anímate e participa!!

lunes, 5 de octubre de 2020

O DÍA DAS AVES NA RESERVA ORNITOLÓXICA


Este domingo celebramos o Día das Aves cunha ruta guiada pola Reserva Ornitolxgica de SEO/BirdLife do Grove.

Nesta ruta percorremos diferentes ecosistemas: intermareal, sistema dunar, baía, praia… e poidemos dar a coñecer a todos os participantes e disfrutar de 45 especies de aves, que demostran a grande biodiversidad  desta reserva,  o seu valor ambiental e a sua excelente calidade de vida.

Estas son algunhas das aves identificadas:

Nome científico

Nome galego

Nome castelán

Spatula clypeata

Cullerete

Pato cuchara

Mareca strepera

Pato frisado

Anade friso

Mareca penelope

Pato asubiador

Silbón europeo

Anas platyrhynchos

Lavanco

Ánade azulón

Anas acuta

Pato rabilongo

Anade rabudo

Anas crecca

Cerceta

Cerceta común

Tachybaptus ruficollis

Mergullón pequeño

Zampullín común

Platalea leucorodia

Cullereiro

Espátula común

Ardea cinerea

Garza real

Garza real

Egretta alba

Garzota grande

Garceta grande

Egretta garzetta

Garzota

Garceta común

Morus bassanus

Mascato

Alcatraz atlántico

Phalacrocax aristotelis

Corvo mariño cristado

Cormorán moñudo

Phalacrocorax carbo

Corvo mariño grande

Cormorán grande

Pandion haliaetus

Aguia pescadora

Águila pescadora

Accipiter nisus

Gabián

Gavilán común

Circus aeruginosus

Tartaraña das xunqueiras

Aguilucho lagunero

Gallinula chloropus

Galiñola común

Gallineta común

Haematopus ostralegus

Gabita

Ostrero euroasiático

Charadrius hyaticula

Píllara real

Chorlitejo grande

Numenius phaeopus

Mazarico chiador

Zarapito trinador

Numenius arquata

Mazarico real

Zarapito real

Limosa laponica

Mazarico rubio

Aguja colipinta

Limosa limosa

Mazarico rabinegro

Aguja colinegra

Calidris canutos

Pilro gordo

Correlimos gordo

Calidris alpina

Pilro común

Correlimos común

Actitis hypoleucos

Bilurico das rochas

Andarríos chico

Tringa totanus

Bilurico común

Archibebe común

Tringa nebularia

Bilurico claro

Archibebe claro

Chroicocephalus ridibundus

Gaivota chorona

Gaviota reidora

Ichthyaetus melanocephalus

Gaivota cabecinegra

Gaviota cabecinegra

Larus marinus

Gaivotón

Gavión atlántico

Larus michahellis

Gaivota patiamarela

Gaviota patiamarilla

Larus fusvus

Gaivota escura

Gaviota sombría

Thalasseus sandwicensis

Carrán cristado

Charrán patinegro

Apus pallidus

Cirrio pálido

Vencejo pálido

Falco peregrinus

Falcón peregrino

Halcón peregrino