viernes, 23 de junio de 2023

MÁIS NIÑOS E POLIÑOS DE PÍLLARA

Polo voantón anelado este ano na Reserva. Juan Gómez

Onte naceron máis pollos de Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro nunha das praias de Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove. Tamén apareceu outro niño con 3 ovos que no mesmo día quedou protexido.

E hoxe volvémolos a observar: 1 parella con 3 poliños e preto desta, outra parella con 1 pito, xa que neste niño só houbo 2 ovos.

A pesar de que eran moi pequerrechos, os poliños das duas parellas curricaban despreocupadamente pola area da praia peteirando entre as algas abeiradas, pero baixo a atenta vixiancia dos seus pais.

Por sorte no tempo que estivemos no areal non vimos cans.

Ogallá saian adiante!!

martes, 20 de junio de 2023

AVES NO SUÍDO



Onte na  saída polo Suído a maña empezou chovendo, pero pronto escampou, e a pesar de que fixo un pouco de frío e de vento, poidemos disfrutar da serra, da súa vexetación, paisaxes e animais.

Elena Armesto.

Identificamos 29 especies:  Paloma torcaz, 57 Vencejo común, 2 Culebrera europea2 Aguilucho cenizoHalcón peregrino9 Alcaudón dorsirrojo Corneja negra, Cuervo grande, Carbonero garrapinos, Carbonero común, Alondra común, Golondrina común, Mito común, Curruca rabilarga, Reyezuelo listado, Trepador azul, Agateador europeo, Mirlo acuático europeoEstornino negro, Zorzal charlo, Mirlo común, Petirrojo europeo, Roquero rojoTarabilla europea, Acentor común, Lavandera cascadeña, Bisbita campestrePinzón vulgar  y Pardillo común.

miércoles, 7 de junio de 2023

SERRA DO SUÍDO

PRAZAS COMPLETAS

O vindeiro 18 de xuño, faremos unha saída ornitolóxica a Serra do Suído, A Lama. 


Coñecida é esta serra da Dorsal Galega por acoller especies tan míticas como o lobo ibérico ou grandes rapaces como os boitres.

Nos intentaremos observar aves propias deste espazo: como cobreiras europeas, abelleiros europeos, lagarteiros, tartarañas, picanzo vermello, pica campestre, etc.




Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 16 as duas da tarde. 

martes, 6 de junio de 2023

EXCURSIÓN PARA COÑECER UN AVE AMEAZADA

 

E. González.

O domingo 4 de xuño, SEO-Pontevedra, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o seu programa de saídas ornitolóxicas "Voando sobre as Rías Baixas", realizamos unha excursión ás praias da Reserva Ornitolóxica SEO/BirdLife do Grove, onde aniña a Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro, gran valor destes areais por ser unha ave ameazada e vulnerable e por ser un dos últimos reductos desta especie na provincia.

Despois de explicarlles aos participantes as características da especie, alimentación, hábitat, distribución, etc. achegámonos a unha distancia prudencial con prismáticos e telescopios para observar as aves adultas, os poliños e os seus niños.

Poideron ver as medidas de protección adoptadas para protexer os niños e tamén foron sensibilizados e concienciados nas ameazas que sofren na súa reprodución, como os cans nas praias, gran problema que va en aumento.

Os participantes quedaron encantados coa tenrura que reflicten as píllaras e impresionados coa súa vulnerabilidade.

Cada vez son máis as persoas que coñecen as píllaras e cal é o seu gran problema de supervivencia. Queda moito por facer pero non perdemos a esperanza, sobre todo cando o ser humano reacciona tan positivamente ante unha Píllara das dunas.

G. Ferreiro.

sábado, 3 de junio de 2023

1m² contra a BASURAleza

E. González

Hoxe sábado volvemos a celebrar 1m² contra BASURAleza noutro punto da Reserva Ornitolóxica SEO/BirLife do Grove, como toque de atención e chamada á acción, para liberar do lixo a natureza dos nosos contornos máis próximos.

Este ano a participación foi de 17.000 voluntarios distribuídos en 970 puntos por toda España.

E. González.

No noso caso, realizamos a actividade na enseada da reserva, con Nueva Pescanova e os seus 34 voluntarios que extraeron 529´96 quilos de lixo, destacando: cordas, rodas, plásticos, envases, vidro, metais... e microplásticos.

Así mesmo, retiráronse 341´62 quilos de Carpobrotus edulis ou "uña de gato", que compite entre outras con Cistanche Phelypaea, a xoia botánica da reserva.

Tele 5 entrevistando a un membro de SEO-Pontevedra.


Agradecemos unha vez máis aos voluntarios de Nueva Pescanova por dedicar o seu tempo de lecer a liberar con entusiasmo o lixo da Reserva Ornitolóxica.

Cos sacos de "uña de gato".