 |
O. Gaitán.
|
Onte englobado dentro do Proxecto "Conservación da Píllara das dunas mediante a educación e o coñecemento, nas praias da península do Barbanza", coofinanciado pola Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal, celebramos a presentación da Píllara das dunas S.O.S. no Auditorio Valle-Inclán, onde se encheron todos os espazos dispoñibles deste local.
 |
O. Gaitán.
|
Os participantes moi interesados coñeceron un pouco mais a píllara e tomaron conciencia dos problemas que teñen na comarca para a sua supervivencia o que reflexaron posteriormente na mesa redonda na que participaron activamente.
 |
O. Gaitán.
|
Logo na saída a Corna viron in situm os retos aos que cada ano se enfrentan as píllaras, como os cans , pois no espazo de tempo que estivemos no areal 14 cans accederon a esta praia.
 |
O. Gaitán.
|
Grazas a todas as personas participantes e que mostraron interés pola proteción desta pequena ave.