miércoles, 24 de septiembre de 2025

DÍA DAS AVES 2025

                                   



O Día das Aves é un evento anual e especial debido á motivación de quen participa e porque o que nos une é o amor e o respecto polas aves, que nos axudan a recuperar a nosa conexión perdida coa natureza.

Nesta nova edición, celebrada en toda España os días 4 e 5 de outubro, queremos aproveitar esta oportunidade para concienciar sobre a ameaza que supón o cambio climático, que afecta ao 66 % das especies ameazadas, segundo a última actualización do "Libro Vermello de España". Tamén é un problema importante para todas as especies de alta montaña, como o Gabeador vermello, a nosa Ave do Ano 2025.

Animámosvos unha vez máis a saír ao campo para gozar das aves e a que o voso amor e paixón por elas transformese en información valiosa para a súa conservación.

Xuntos podemos aumentar o noso coñecemento da nosa avifauna, así que non dubidedes e únete a nós na ciencia cidadá.

O noso grupo local SEO-Pontevedra celebrará o Día das Aves o domingo 5 de outubro cunha visita guiada por ornitólogos pola maior Reserva Ornitolóxica de España, a única de Galicia e a primeira en incluír un ambiente mariño: a Reserva Ornitolóxica de SEO/BidLife de O Grove (dentro do Complexo Intermareal Umia-O Grove,  A Lanzada. Punta Carreirón e lagoa da Bodeira). 

 Este evento gratuíto e aberto ten como obxectivo poñer en valor a gran riqueza desta zona e concienciar sobre a conservación das aves e da natureza.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.


As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse. 

lunes, 22 de septiembre de 2025

CRÓNICA DE VIAJE. COSTA SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

G. Ferreiro.

 Día estupendo, disfrute a tope de 58 especies de aves e  educación ambiental.

Esta é a lista de aves do domingo 21 polo sur do ditoral da provincia de Pontevedra:

Ánade friso, Ánade azulón, Paloma bravía, Paloma torcaz, Tórtola turca, Ostrero euroasiático, Chorlitejo grande, Zarapito trinador, Aguja colipinta, Andarríos chico, Andarríos grande, Archibebe común, Archibebe claro, Vuelvepiedras común, Correlimos común, Gaviota reidora, Gaviota cabecinegra, Gaviota patiamarilla, Gavión atlántico, Gaviota sombría, Charrán patinegro, Cormorán grande, Garceta común, Garcilla bueyera occidental, Garza real, Águila pescadora 2, Aguilucho lagunero occidental, Martín pescador común, Pico picapinos, Cernícalo vulgar, Alcotán europeo, Urraca común, Corneja negra, Carbonero garrapinos, Alondra común, Cistícola buitrón, Golondrina común, Mosquitero musical, Curruca rabilarga, Chochín paleártico, Mirlo común, Petirrojo europeo, Papamoscas cerrojillo, Collalba gris,  Acentor común, Lavandera boyera, Lavandera blanca, Camachuelo común, Verderón común, Pardillo común, ilguero europeo, Serín verdecillo.

jueves, 11 de septiembre de 2025

AVES DA COSTA SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA



 O vindeiro domingo 21 de septembro faremos unha saída ornitolóxica pola costa sur da provincia de Pontevedra, percorrendo varios espazos  de interés para as aves.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.






 

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse.