sábado, 26 de octubre de 2019

CAIXAS NIÑO E LIMPEZA DE PRAIA

Hoxe o noso grupo local realizou varias actividades ambientais en distintos puntos da nosa comunidade. 


Unha das actividades foi con AXA e consistiu nun obradoiro de caixas-niño na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, onde nenos e adultos disfrutaron montando os nidais para páridos que posteriormente foron colgados en diferentes árbores da Reserva.


E a outra actividade foi co BBVA, consistente na limpeza e extración de plantas exóticas invasoras na praia e dunas de Alba - Sabón.



Un total de 570 kilos retiraron os voluntarios dos areais, entre residuos contaminates e uña de gato  (Carpobrotus edulis).


Foi un día moi agradable e unha vez mais as persoas aportaron un gran esforzo no seu tempo libre en favor da natureza e das aves.

Mil grazas a todos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario