| E. González. |
O pasado domingo realizamos unha interesante excursión pola comarca da Limia e a contorna do que foi a antiga lagoa de Antela. Cunha temperatura agradable duns 28 ºC e baixo un ceo maiormente anubrado, os participantes na saída gozamos dunha excelente xornada de observación da natureza.
Ao longo do percorrido puidemos rexistrar un total de 52 especies de aves, cifra que pon de manifesto a riqueza ornitolóxica desta zona húmida e dos seus arredores.
| E. González. |
Esta é a lista das aves identificadas:
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Coturnix coturnix | Paspallás migrador | Codorniz común |
| Podiceps cristatus | Mergullón cristado | Somormujo lavanco |
| Ciconia ciconia | Cegoña branca | Cigüeña blanca |
| Nycticorax nucticorax | Garza de noite | Martinete común |
| Bubulcus ibis | Garza boieira | garcilla bueyera |
| Ardea cinerea | Garza real | Garza real |
| Phalacrocorax carbo | Corvo mariño grande | Cormorán grande |
| Hieraaetus pennatua | Aguia calzada | Aguila calzada |
| Milvus migrans | Miñato negro | Milano negro |
| Circaetus gallicus | Cobreira europea | Culebrera europea |
| Circus pygargus | Tartaraña cincenta | Aguilucho cenizo |
| Gallinula chloropus | Galiña de auga común | Gallineta común |
| Columba oenas | Pomba seixa | Paloma zurita |
| Columba palumbus | Pombo torcaz | Paloma torcaz |
| Streptopelia turtur | Rula brava | Tórtola europea |
| Streptopelia decaocto | Rula turca | Tórtola turca |
| Apus apus | Cirrio común | Vencejo común |
| Falco tinnunculus | Lagarteiro común | Cernícalo vulgar |
| Garrulus glandarius | Gaio eurasiático | Arrendajo euroasiático |
| Pica pica | Pega rabilonga | Urraca común |
| Corvus corone | Corvo pequeno | Corneja negra |
| Periparus ater | Ferreiriño negro | Carbonero garrapinos |
| Cyanistes caeruleus | Ferreiriño azul | Herrerillo común |
| Lulula arbórea | Cotovía pequena | Alondra totovía |
| Alauda arvensis | Laverca dos campos | Alondra común |
| Riparia riparia | Anduriña das barreiras | Avión zapador |
| Hirundo rustica | Anduriña común | Golondrina común |
| Ptyonoprogne rupestris | Anduriña dos penedos | Avión roquero |
| Delichon urbicum | Anduriña de cu branco | Avión común occidental |
| Cettia cetti | Rousinol bravo | Cetia ruiseñor |
| Phylloscopus ibericus | Picafollas ibérico | Mosquitero ibérico |
| Cisticola juncidis | Carriza dos xuncos | Cistícola buitrón |
| Sylvia atricapilla | Papuxa das amoras | Curruca capirotada |
| Troglodytes troglodytes | Carriza común | Chochín paleártico |
| Sturnus unicolor | Estorniño negro | Estornino negro |
| Turdus merula | Merlo común | Mirlo común |
| Turdus viscivorus | Tordo visgueiro | Zorzal charlo |
| Erithacus rubecula | Paporrubio | Petirrojo europeo |
| Phoenicurus ochruros | Rabirrubio tizón | Colirrojo tizón |
| Saxicola rubicola | Chasco europeo | Tarabilla europea |
| Passer domesticus | Pardal común | Gorrión común |
| Motacilla flava | Lavandeira amarela | Lavandera boyera |
| Motacilla alba | Lavandeira branca | Lavandera blanca |
| Fringilla coelebs | Pimpín común | Pinzón común |
| Chloris chloris | Verderolo europeo | Verderón común |
| Linaria cannabina | Liñaceiro de bico escuro | Pardillo común |
| Carduelis carduelis | Xílgaro europeo | Jilguero europeo |
| Serinus serinus | Xirín europeo | Serín verdecillo |
| Emberiza cirlus | Escribidor de papo negro | Escribano soteño |
| Emberiza calandra | Chincharaiz | Escribano triguero |