Onte
domingo Día das Aves, cun clima moi agradable, a todos os participantes
deste día tan especial que se celebra en todo o mundo, tentamos darlle a coñecer a
avifauna da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, para incentivar o
amor e o respecto pola natureza en xeral e polos animais en particular.
Percorremos
diferentes espazos naturais de alto valor ecolóxico, como campos, lagoas
costeiras, enseadas, esteiros..., onde puidemos identificar 74 especies
de aves.
De todas estas especies destacamos 3 flamengos rosas inmaturos, aves de aspecto "exótico" e propias da España meridional, pero que polo seu carácter parcialmente migratorio e dispersivo poden chegar a Galicia como divagantes moi raros. Así a última vez que houbo un flamengo rosa na Reserva foi no ano 2015/2016.
Tamén poidemos observar voando en grupo12 ibis mouros (ou moritos), mais outros 2 alimentándose no intermareal.
Carlos López.
Esta
é a lista de aves das que todos gozamos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario