sábado, 4 de febrero de 2023

A PESCADORA DO LAGO NESS


A pescadora no niño

Na saída do noso grupo local para observar aves na enseada de San Simón, Vilaboa, avistamos un Aguia pescadora  (Pandion aliaetus), con anela de PVC azul e díxitos brancos AV6.

Tramitamos o anel  e  fai uns días chegounos o seu historial.

Resulta que esta pescadora foi marcada como polo, no niño dunha árbore do norte de Escocia, preto de lago Ness, no 2018, polo que ten 5 anos de idade.

Este avistamento foi o primeiro do que teñen constancia desde que naceu.

Como curiosidade dicir que tamén chegoulles aos aneladores a lectura dunha anela de outra Águia pescadora escocesa, que atoparon en África no estómago dun cocodrilo.


Anelando a pescadora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario