viernes, 10 de abril de 2026

PRIMEIRO NIÑO DE PÍLLARA DAS DUNAS

G. Ferreiro.

 

Onte atopamos o primeiro niño de Píllara das dunas (Charadrius alexandrunus), desta temporada.

Foi nunha praia do Salnés concretamente na Reserva Ornitolóxica de SEOBird/Life do Grove.

O niño ten 3 ovos e está situado na área de praia.

As poucas horas de atopalo foi protexido con gaiola e perimetrado con balizas.

Agora só queda que todos os usuarios do areal cumpran a lei respetando o niño e sobretodo non levando cans as praias.

A ver si dunha vez acabamos con esta lacra de cans campeando polos areais costeiros tan perxudicial para a natureza e os seus seres vivos.