| G. Ferreiro. |
Onte atopamos o primeiro niño de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), desta tempada.
Foi nunha praia do Salnés, concretamente na Reserva Ornitolóxica de SEO Bird/Life do Grove.
O niño ten 3 ovos e está situado
na parte superior da area da praia.
Na mesma mañan xa foi protexido con gaiola e perimetrado con balizas.
Agora só queda que todos os
usuarios do areal cumpran a lei respectando o niño e sobretodo non levando cans
as praias.
A ver si dunha vez acabamos con
esta lacra dos cans campeando polos areais costeiros, tan perxudicial para a natureza e os seus seres vivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario