viernes, 6 de abril de 2018

CASIÑAS PARA BUFOS


O vindeiro 14 de abril o grupo local SEO-Pontevedra en colaboración co Concello do Grove, organizan gratuitamente un Taller Infantil de Construción de Caixas-niño para Moucho das Orellas,  cuxo obxectivo non só é o fomento deste mouchiño de expresión doce, non moi coñecido e que lle achega beneficios e riqueza natural á nosa vida (que ademais se non ten ocos onde aniñar, adopta de bo grao as caixas-niño), senón tamén para para dar a coñecer aos nenos da localidade a natureza que os rodea, patrimonio imprescindible pero moi fráxil, para que aprendades a respectala e coidala, xa que eles serán os herdeiros e os encargados de conservala para o futuro.
O moucho de orellas, cuxo nome científico é Otus scops, é a nosa rapaz nocturna máis pequena. É reservado e adoita pasar inadvertido grazas á excelente camuflaxe que lle proporciona a súa plumaxe, case imposible de descubrir entre a ramaxe das árbores, aínda que resulta fácil de detectar polo seu canto inconfundible: un “pliú…pliú…” insistente e sonoro, que pode oírse nas noites primaverais, xa que é un migrador que chega a principios da primavera, cría aquí e a finais do verán retorna a África a pasar o inverno.
De carácter forestal, este bufo vive en zonas arboradas non moi densas e en parques urbanos. A súa dieta esencial é insectívora, aínda que en época reprodutiva se alimenta dalgún roedor, réptil, etc.
En xeral a tendencia das poboacións das aves nocturnas en España é negativa e iso tamén se ve reflectido no municipio do Grove.
Aínda que o moucho de orellas está ben representado e distribuído na península meca, como cría fundamentalmente nos ocos das árbores e a escaseza de buracos naturais, a diminución dos bosques e en definitiva a alteración dos seus hábitats naturais, xunto a outras circunstancias como a utilización de pesticidas en agricultura, está sendo determinante no declive destas nocturnas tan beneficiosas para o ser humano.




Se queres participar neste obradoiro GRATUITO de casiñas para bufos, recorda:
Data: 14 de abril de 2018.                                                                 
Horario: de 10:00 a 14:00h.
Lugar: as 10:00 da mañan taller na sala das Cunchas, concello do Grove, e montaxe dos niños no Parque da Toxa.
Idade: de 8 anos en adiante.

As prazas son limitadas.

Información e inscripciones: 986 703 227 ou medioambiente@concellodogrove.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario