domingo, 29 de julio de 2018

2ª XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN

Hoxe domingo celebramos a "2ª Xornada de Sensibilización e Divulgación" na praia do concello do Grove.


Fomos seis os voluntarios que estivemos  informando aos bañistas o importante que é conservar a píllara das dunas nas nosas praias, porque entre outras cousas eles son bioindicadores da calidade ambiental dos areais.


E outra vez a todos cambiáballe a cara con un grande sorriso cando miraban polo telescopio e descubrían 3 poliños patilongos e de cor branquecino curricando pola area. E non podian entender como uns seres tan indefensos podían sair adiante nun espazo tan ateigado de xente.


Asi mesmo esta semana volveronse a anelar as píllaras deste areal. Concrétamente foron os 3 polos os que se marcaron con anelas de cores, facendo así un total de 6 píllaras aneladas este ano nesta afortunada praia do Grove.

Cans na praia hoxe 29/07/2018. E. González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario