lunes, 17 de septiembre de 2018

POLA XUNQUEIRA DO LAGARES CON DECATHLON


Onte domingo fixemos unha xornada de limpeza de residuos en colaboración con Decathlon e suas actividades dedicadas ao Medio Ambiente, na Xunqueira do Lagares, Vigo, humidal destacado pola sua grande riqueza natural de flora e fauna e que se considera un dos principais refuxios de aves da cidade.

  
A participación foi de mais de 60 voluntarios que adicaron 4 horas do seu día libre a retirar da contorna do Lagares residuos plásticos, vídros, metais, rodas de automovil…  incluso herba da Pampa (Cortaderia Seollana).


Como introducción a xornada e durante o picnic proporcionado por Decathlon, impartimoslle unhas microconferencias sinalando a importante función que desempeñan os ríos e esteiros para a saúde ambiental e das especies  animais e vexetais que o utilizan. Como contrapunto falámoslle tamén das especies exóticas que os invaden.

O tempo foi ideal, os voluntarios moi concienciados e polo tanto a xornada ambiental moi productiva e satisfactoria, xa que concluiu coa liberación da Xunqueira do Lagares dunha boa cantidade de elementos contaminantes.


Tamén mostraron entusiamo por algunhas das aves que se movían polo espazo: cullereiros, lavancos, biluricos das rochas, garzas reais, garzotas, gaivotas choronas, etc.

Grazas a Decathlon e a todos os voluntarios!

No hay comentarios:

Publicar un comentario