jueves, 15 de noviembre de 2018

CAIXAS-NIÑO PARA CIRRIO COMÚN NO CASTELO DE SOBROSO


Estos días en colaboración coa Deputación de Pontevedra, estivemos instalando caixas-niño para cirrio común (Apus apus), ou vencejo común en castelán, no castelo de Sobroso, Mondariz (Pontevedra). 



Esta acción é unha medida compensatorias a perda de ocos de aniñamento por unha restauración arquitectónica non cuidadosa do castelo, na que rexuntaron a sillería dos muros onde estaban os buratos da colonia.



Colocamos 8 caixas (16 niños) de mortero de cemento madera nun dos laterais do castelo e na torre, onde aniñaban os cirrios.


Tamén instalamos no interior do castelo de Sobroso 2 caixas-refuxio para morcegos, dos que hai constancia.



Agora só queda esperar que cando volten estas extrarodinarias aves, ocupen as caixas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario