miércoles, 28 de noviembre de 2018

RETIRANDO RESIDUOS DA PRAIA DA LANZADA

Charla introductoria da xornada.
 Hoxe dende SEO-Pontevedra e en colaboración coa Fundación Biodiversidade e o Concello do Grove, 52 nenos voluntarios do IES Monte da Vila grovense participaron nunha xornada de retirada de residuos na praia da Lanzada, que forma parte da Reserva Ornitolóxica de SEO/birdLife do Grove.


Durante unhas tres horas os rapaces, con moito entusiasmo, percorreron un tramo do areal e retiraron toda clase de basuras contaminantes: bastonciños dos oídos, cordeles, cordas, botellas, zapatos, vidros, nasas, tapons, redes, boías, cubos... 


Con esta acción tanto profesores como concello e demais organizacións tratamos de que os nenos sexan conscientes da gran acumulación de basura do entorno costeiro e de seu impacto negativo na naturaleza e non só dos residuos de gran tamaño, senon principalmente dos plásticos pequenos.

Caracterización e estudo de residuos.
Os resultados do traballo dos nenos salta a vista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario