O vindeiro domingo 16 de decembro faremos unha saída ornitolóxica ao Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (CO).
No extremo occidental da península de Barbaza, destaca este parque natural polas suas dunas móviles e fixas, lagoas saladas e doces, baías, praias, canaveiras e outros hábitats que acollen a aves tan interesante como alcaraván, mobella grande e ártica, pato cristado, píldora dourada, tartaraña das xunqueiras, esmerillón, bisbita de Richard, etc.
Se queres participar na saída só tes que
enviarnos un correo e daremosche máis información.
É fundamental inscribirse para poder
participar nas excursiones de SEO-Pontevedra.
A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias
de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.
O grupo local SEO-Pontevedra leva varios anos facendo o seguemento
e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.
Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica
aceptanse donativos dos participantes.
Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras
na conservación da píllara das dunas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario