Esta fin de semana tres organismos galegos como Deputación de Pontevedra, Concello do Grove e Xunta de Galicia, asistiron ao epicentro mundial da ornitoloxía, a FIO (Feria Internacional de Turismo Ornitológico), e que un ano máis celebrouse no Parque Nacional de Monfragüe, Extremadura.
Na foto: a directora de Turismo da Xunta de Galicia, o director de Turismo da Junta de Extremadura, a concelleira de Medio Ambiente do Concello do Grove e membros de SEO-Pontevedra. |
Nesta feira con máis de 100 expositores e pola que pasaron uns 15.000 visitantes, a Deputación de Pontevedra co seu programa "Voando polas Rías Baixas" presentou un novo material turístico para promocionar a ornitoloxía, as primeiras guías de aves da provincia, elaboradas ademáis por SEO-Pontevedra: Guía de Aves do Interior da Provincia de Pontevedra e Guía de Aves do litoral da Provincia de Pontevedra .
Estas guías tiveron moito éxito e unha grande acollida por todo o público asistente a FIO.
Cómo se pueden conseguir éstas guías?🐦😊
ResponderEliminar