Hoxe dende SEO-Pontevedra e en colaboración coa Fundación Biodiversidade e o Concello do Grove, 48 nenos voluntarios do IES Monte da Vila grovense, participaron na 2ª xornada de retirada de residuos da praia da Lanzada, que forma parte da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.
Despois da charla introductora onde se lle falou do problema que supoñen os residuos antropoxénicos na natureza e o valor de ter na Lanzada píllaras das dunas, procederon a limpar a praia.
Como sempre, con moito entusiasmo, os rapaces percorreron un tramo do areal e retiraron toda clase de contaminantes: bidons, bastonciños dos oídos, cordeis, cordas, botellas, zapatos, vidros, nasas, tapons, redes, palés...
Con esta acción. tanto profesores como concello e demais organizacións tratamos de que os nenos sexan conscientes da gran acumulación de basura do entorno costeiro e do seu impacto negativo na naturaleza e non só de residuos de gran tamaño, senon principalmente microplásticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario