A história de Carrascalinho, un voitre negro (Aegypius monachus) marcado con xeolocalizador, de veraneo en Galicia.
Fai uns días avisáronnos os colegas da SPEA
(Sociedad Portuguesa para o Estudo das Aves), que un voitre negro marcado con
GPS que forma parte dun proxecto de investigación internacional onde tamén participan científicos Suizos da Vulture Conservation Foundation, levaba algún tempo pola Serra do Cando
(Pontevedra),a cal está protexida pola Rede Natura 2000.
Pois ben, a alarma salta cando se comproba, a través dos datos transmitidos via satélite polo aparato que porta a ave, que está perigosamente próximo a un parque eólico de grandes dimensións que ocupa parte desta serra, co conseguinte perigo de colisión contra as aspas dos muiños de vento.
Movementos do voitre negro entre as turbinas da Serra do Cando. Pontevedra |
Nese mesmo instante puxemos en coñecemento deste feito a Delegación
Provincial de Patrimonio Natural de Pontevedra e solicitamos que se tomaran as
medidas oportunas para deter os eólicos xa que o voitre corria serio perigo de morrer
alcanzado polas aspas das turbinas.
Finalmente a Xunta toma conciencia deste feito e ordena a paralización do parque que inclúe 94 muíños de vento, xa que o voitre continua movéndose entre eles.
Pola nosa parte, os investigadores portugueses e suizos nos van facilitando os desprazamentos do voitre negro de forma continuada para saber en todo momento a súa localización. Ao mesmo tempo se lle vai trasladando a administración estos datos para poder levantar as cautelas no momento en que a ave xa non corra risco de morte.
Agradecémoslle a Delegación Provincial
de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia a súa implicación na defensa do voitre, que ademáis posteriormente puidemos comprobar que xunto con él tamén estaban outros voitres leonados (Gyps fulvus) que corrían o mesmo risco de morte.
Con esto se demostra que con boa vontade se conseguíu coordinar membros de tres países e a administración Galega reaccionou con axilidade e bo criterio.
Esperemos que toda esta hazaña
chegue a bo porto e o voitre negro non corra mais perigo.
Pregunta tonta, e porque non se parou/para por todos os non marcados que levan anos pasando polos parques do Suido e da Cañiza?
ResponderEliminarSaudos
Esa pregunta tiñas que facerlla aos da Xunta que son os que teñen as competencias no tema.
EliminarEso sí, o que está claro é que o feito de que o voitre leve xeolocalizador axudou moito nas xestións.
Saúdos
Excellence blog! Thanks for sharing this nice post to us. I read this article and I got far more about seo services India. So, it was a great experience to read your blog.
ResponderEliminar