O vindeiro 19 de xaneiro faremos unha saída para observar aves a enseada de San Simón, Vilaboa, Pontevedra, e outros puntos costeiros da ría de Vigo.
Percorreremos este espazo Rede Natura 2000 para observar as aves acuáticas que pasan aqui o inverno, ademáis de aves mariñas, rapaces ou paxariños da contorna.
Se queres máis información sobre a saída só
tes que enviarnos un correo.
Para poder participar na excursiones de
SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 17 as duas da tarde.
A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias
de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.
O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e
colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.
Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica
aceptanse donativos dos participantes.
Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras
na conservación da píllara das dunas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario