Despois de unha introdución as aves da Reserva Ornitoloxica de SEO/BirLife do Grove no centro educativo, hoxe 27 alumnos do C.P.I. Santa Lucía de Moraña, mais 2 profesoras, poideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos percorrendo diferentes ambientes da Reserva, como sistema dunar, baía e intermareal, para coñecer as suas especiais aves.
Con prismáticos, guías de aves da provincia e telescopios terrestres, os rapaces poideron observar píldoras douradas, lavercas, mobellas grandes (10), pentumeiros, corvos mariños cristados e grandes, gaivotons, gaivotas canas e choronas, garzas reais e garzotas, etc.
Os rapaces do interior todavía poideron coñecer e disfrutar das aves mariñas e acuáticas que temos no litoral de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario