miércoles, 26 de mayo de 2021

NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS

Foto E. González.

Como xa se comentou fai uns días, un total de 8 niños de Píllara das dunas houbo na Reserva. 

O primero levouno a forte marea do temporal de finais de abril, outros dous niños desapareceron a causa da chuvia e o vento de mediados de maio e dous máis foron abandoados, polo que só quedaron 3 niños activos.

Hoxe atopamos un novo niño que é unha reposición dun dos perdidos polo el mal tempo, e xa quedou protexido con balizas e "gaiola".

Agora temos un total de 4 niños de Píllara das dunas na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Tamén este mes La 1 de RTVE, estivo na praia grabando unha reportaxe para o programa España Directo, para chamar a atención desta ameazada limícola. Na reportaxe ademáis de facer tomas das aves, falouse da súa importancia como bioindicador do estado das praias e da necesidade de conservar  a pequena Píllara das dunas e as ameazas as que se enfrenta.

Foto E. González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario