domingo, 24 de octubre de 2021

Outra limpeza na Reserva Ornitolóxica de SEOBidLife do Grove

Onte sábado volveuse a facer unha xornada de Limpeza na Reserva Ornitolóxica de SEO/Birdlife do Grove, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, ABANCA, e as mariscadoras do Grove.

Un dos grupos de traballo.

Esta vez a limpeza fíxose en varios tramos do litoral da illa da Toxa, cunha participación dunhas 300 persoas repartidas polos distintos tramos.

Despois  dunha mañan de traballo retiráronse varias toneladas de lixo.

Parte do lixo retirado.

Entre estos destacan restos de material de acuicultura: cordas, redes, etc. E centos de pedazos de vidros, especialmente  de botellas, copas, vasos e pratos, ademáis de rodas que empregan os barcos como defensas e infinade de cachos de prásticos de diversos tamaños.

Saco de 1m cúbico de capacidade cheo de vidro.

Unha vez máis dar as grazas a todos os participantes que pasan o seu tempo libre liberando a natureza da nosa porcallada.

2 comentarios: