lunes, 21 de marzo de 2022

PILLARA DAS DUNAS

Onte localizamos 14 Píllaras das dunas nunha das praias da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife de O Grove, algunhas xa ocupando os seus territorios para comenzar coas postas.

G. Ferreiro.

Tamén 27 cans soltos houbo no tempo que estivemos na praia da Lanzada e cuxos donos foron informados de que a día de hoxe xa están prohibidos os cans nas praias onde hai píllaras.

E. González.

A lexislación vixente di que a partir do 15 de marzo comenza a prohibición dos cans nas praias de A Lanzada, Area da Cruz e Mexilloerira do Grove, así como en Major e Montalvo de Sanxenxo.



Como esta situación continúe, a Píllara das dunas extinguirase dos nosos arenais e con elas a calidade de vida da que agora ainda gozamos nas praias.

Lembrar que O Grove conta cunha praia canina  en San Vicente, preto do porto deportivo polo que existen alternativas para o paseo dos cans sen que afecten tan gravemente a outros animais silvestres.
Só apelamos á responsabilidade dos seus donos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario