miércoles, 27 de abril de 2022

MAIS NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS

Foto Juan Gómez.

Entre o domingo e o luns atoparonse 2 novos niños de Píllara das dunas nunha praia da Reserva Ornitolóxica de SEO/birdLife do Grove.

O niño atopado o domingo tiña 3 ovos e quedou protexido con gaiola e parcela de exclusión.

O lun apareceu outro,  ainda con 2 ovos, tamén foi balizado.

Tamén comentar que hoxe apareceu un macho con 3 poliños do que non se tiña constancia.

De momento na Reserva Ornitolóxica, son 3 os niños de Píllara das dunas, cuxos pais están incubando, máis unha familia con 3 polos.

Desexamos que todo vaia ben!!

Foto Anxo Gómez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario