sábado, 16 de abril de 2022

PRIMEIRO NIÑO DE PÍLLARA DAS DUNAS

E. González.

Hoxe localizamos o primeiro niño de Píllara das dunas nunha praia de Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Este niño xa quedou balizado e protexido con xaulón das molestias que poida sufrir nestes días tan complicados.

Non faltaron uns 14 cans soltos pola praia no tempo que estivemos no areal, e cuxos donos foron informados unha vez mais, de que a estas alturas non pode haber cans nas praias onde crían estas aves protexidas e ameazadas.


E. González


No hay comentarios:

Publicar un comentario