lunes, 30 de mayo de 2022

ACTIVIDADES DE FIN DE SEMANA

Este fin de semana fixemos varias actividades ornitolóxicas e de conservación da natureza.

O sábado guiamos a 30 persoas do concello de Ames (CO),  polo Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán para disfrutar das aves de este espazo natural protexido.

Observaron 32 especies de aves entre elas a píllara das dunas, das que lle falamos dos seus problemas de conservación, tamén destacar a observación dunha garza imperial que fixo as ledicias dos participantes, así como diferentes especies acuáticas e paxariños do parque.


O domingo,  entorno a 40 persoas de TAGSA, se desplazaron ao concello de Pluxín (OU), para facer varias actividades de conservación no fermoso río que cruza o concello.


Ademáis de retirar lixos da contorna, tamén eliminaron prantas exóticas invasoras do río. Xa para rematar este grupo disfrutou dunha xornada de identificación de aves dos bosque de ribeira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario