jueves, 30 de junio de 2022

CANS NAS PRAIAS

O Grove. 30/06/2022. Juan Gómez.

A día de hoxe 30 de xuño, seguen levando cans aos areais da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove onde nidifican as ameazadas Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro e onde teñen os seus poliños.

 

A PESAR DOS INNUMERABLES CARTEIS INFORMATIVOS E 

 DOS QUE PROHIBEN CANS NA PRAIA

 

A PESAR DAS CONTINUAS CHAMADAS DE ATENCIÓN

 POR PARTE DOS VOLUNTARIOS DE SEO-PONTEVEDRA

 E DOS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

 

A PESAR DAS MULTAS DA POLICÍA LOCAL E DO SEPRONA

 

E HABENDO UN AREAL CANINO MOI PRETO

 

CADA DÍA XENTE INCÍVICA

CONTINÚA LEVANDO CANS

 ÁS POUCAS PRAIAS DE GALICIA

 ONDE AÍNDA CRÍA A PÍLLARA DAS DUNAS

 

É DE PERSOAS EGOÍSTAS

NON QUERER ACEPTAR CAL É A PRIORIDADE,

SE A DAS SUAS MASCOTAS,

 QUE ESTÁN PROHIBIDAS,

POLO QUE INFRINXEN A LEI

                                                                         E  QUE ADEMAIS

 NON CORREN NINGÚN RISCO DE EXTINGUIRSE,

 

OU A DOS ANIMAIS SILVESTRES

COMO A PÍLLARA DAS DUNAS

QUE TEÑEN QUE SOBREVIVIR  POR SI SÓS

NUN MUNDO CADA VEZ MÁIS HUMANIZADO

E QUE ESTÁN EN PERIGO DE DESAPARECER PARA SEMPRE.

POLA CULPA DOS SEUS CANS


Hoxe 30 de xuño, volvemos a  chamar a policia local de O Grove, quenes se persoaron na praia e multaron aos irresponsables.

O Grove. 30/06/2022. G. Ferreiro.

Aprenderemos algún día?

1 comentario: