lunes, 25 de julio de 2022

RESULTADOS DA XORNADA DE CONCIENCIACIÓN E EDUCACIÓN AMBIENTAL

Xuvenil de Píllara das dunas. Juan Gómez.

Este sábado celebramos a 2ª xornada de concienciacíon e educación ambiental  da Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), na praia  da Lanzada, dentro da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Despois de invitar aos usuarios da praia a observar polos telescopios e os primáticos unha familia de píllaras cos seus poliños, tamen foron informados dos problemas de conservación que ten esta ave a hora de reproducirse nos nosos areais, entregándolle ademáis agasallos e folletos divulgativos relacionados coa píllara.

E. González.

Lembrando que a Píllara das dunas é unha especie protexida  que aparece no Libro Vermello das Aves de España na categoría de "En peligro" e "Vulnerable" no Catalogo Galego de Especies Ameazadas.

A xornada foi moi productiva e concurrida, tanto pola participación dos voluntarios de SEO/Pontevedra, como polos usuarios da praia, quenes mostraron entusiasmo e admiracion polos adultos e poliños de píllara das dunas.

Grazas a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario