viernes, 26 de agosto de 2022

VOLVEMOS AS BRAÑAS!!

PRAZAS COMPLETAS

O domingo 4 de setembro volveremos a realizar un roteiro para observar aves polas Brañas de Xestoso e contorna (PO), xa que na vez anterior o tempo non nos acompañou.

E. González. 


Situada na Dorsal Galega, as brañas de Xestoso combinan  monte baixo de brezos e toxos  con prados húmidos, pequenos bosques de carballos e salgueiros, regatos..., favorecendo a presenza de diversidade de aves como paseriformes ou rapaces, así como flora, anfibios, insectos e réptiles.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

 

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar na excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 2 as duas da tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario