sábado, 21 de enero de 2023

AVE DO ANO EN GALICIA

E. González.






Lembremos que a Tartaraña cincenta (Circus pygargus), foi elexida Ave do Ano por SEO/Birdlife no 2023. Esta especie en dez anos tivo un declive da sua poboación en España entre un 23% e un 27%.

Mencionemos tamén que polo seu descenso aparece como “Vulnerable” no Libro Bermello das Aves de España.

En xeral as suas principais ameazas son a perda e transformación do seu hábitat, a mala xestión agraria, a mortalidade polas liñas eléctricas e aeroxeneradores, o consumo de sustancias tóxicas e a inacción das Administracions públicas.

A Tartaraña cincenta en Galicia ten ainda un descenso máis forte que no resto do país, pasando de 800-1548 parellas en 2002 a 172-287 en 2019 o que sería un declive de entre 59% e 81%. E todo isto a pesar de que foi Ave do Ano en Galicia en 2008, e de ser unha especie clasificada como "Vulnerable" no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Ademáis das ameazas citadas, na nosa comunidade aféctanlle como graves factores: 

-a eucaliptización do noso territorio. 

-as masivas plantacions de piñeiros. 

-e a ocupación e futura implantación de parques de aeroxeneradores nas suas áreas.

É urxente en Galicia protexer os habitats da Tartaraña cincenta, non só eliminando as plantacions de eucaliptos e piñeiros,  e prohibindo novas zonas de plantación, sinon tamén impedindo a nova implantación de parques eólicos nos territorios onde houbo ou onde todavía queda esta emblemática ave rapaz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario