sábado, 13 de enero de 2024

OS PELLETS NAS PRAIAS

                                                                  G. Ferreiro.

 Hoxe sábado percorremos algunhas praias da Reserva Ornitolóxica do Grove para limpar os pellets que estes día están chegando a nosas costas.

A climatoloxía dounos unha tregua ata as 12:30 da maña, tempo que aproveitamos para retirar o maior número de residuos.

Primeiro fixemos unha breve xornada de caracterización de pellets e de como retiralos cos medios que dispoñíamos, ademais de unha explicación para a utilización da aplicación ICAOS de aves orilladas.

Logo puxémonos mans a obra cos pellets.

 Non houbo grandes acúmulos pero sí estaban presentes por toda a liña de algas ao longo das praias.

G. Ferreiro.

O proceso foi lento e complicado xa que estas boliñas son moi pequenas e están enredadas coas algas. Tamén detectamos que un dos problemas máis graves é que se van erosionando rapidamente e facéndose máis pequeniñas, colándose polas cribas e chegándose a integrar cos grans de area.

Esta non é unha acción de retirada de grandes cantidades pero sí moi necesaria para as aves e a natureza.

G. Ferreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario