![]() |
G. Ferreiro. |
Ata o día de hoxe atopáronse 9 niños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), nas parais da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do concello do Grove.
Destes 9 niños 2 foron depredados e outros 2
abandoados, probablemente polas adversas condicións climáticas, a pesar de
que todos tiñan aplicadas as medidas recomendables de protección.
Agora quedan 5 niños activos nos que os adultos
están incubando, dous nunha praia da reserva e 3 na outra.
Tamén comunicar que xa foron varias as multas aplicadas nesta tempada aos donos de cans tanto polos guardas e axentes do espazo como pola policia municipal do Grove . Mesmo onte 3 pesoas con dous cans cada unha foron sancionadas por non cumplir a lei, xa que nas praias onde nidifica a píllara están prohibidos os cans e son multitude os carteis que o informan.
G. Ferreiro. 13/05/2025. |
Lembremos que unha das principais causas da grave diminución desta especie dos nosos arenais e a presencia de cans. Estas mascotas ademáis de provocarlle gran estrés as píllaras co consecuente abandono de niños, poden chegar a depredar tamén os seus poliños.
G. Ferreiro. 26/04/2025. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario