viernes, 31 de octubre de 2025

PÍLLARA DAS DUNAS 2025

G. Ferreiro.

 A píllara das dunas ou chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus) é unha especie protexida, incluída no Libro Vermello das Aves de España como "En perigo de extinción" e "Vulnerable" no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Isto significa que a súa poboación reprodutora afronta un risco moi elevado de extinción nun curto período de tempo se non se toman medidas para evitalo.

 Nesta tempada 2025, aniñaron en varias praias da Reserva Ornitolóxica do Grove dentro da área protexida do Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira.


G. Ferreiro

Dedicáronse máis de 68 xornadas a vixiar estas praias para monitorizar a súa poboación. E ainda que o número de niños que apareceron na reserva está dentro da media e foron protexidos e balizados con parcelas de exclusión en colaboración con gardas forestais e axentes ambientais, as píllaras tiveron dificultades para sacar adiante os poliños.

E. González

Ao comenzó da tempada de cría convocamos unha reunión con técnicos, aneladores, axentes e gardas da Delegación de Pontevedra do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia e do concello do Grove para solucionar problemas de conservación, coordinación e manejo dos arenais.

E. González.

Voltamos a cooperar con esta Delegación  na marcaxe con anelas de lectura a distancia de polos e adultos. Tamén como novidade este ano equipouse cun sistema de geolocalización a un adulto o cal permitiranos seguir afondando na investigación para a  sua conservación.

 Tamén realizamos sesións de concienciación e educación ambiental nas praias, onde se lles mostraron polos e adultos aos participantes, que os desfrutaron a través de telescopios, á vez que se lles explicou as dificultades ás que se enfrontan para aniñar nestas praias.

E. González.

Como é habitual, o aspecto máis negativo foron os case 200 cans presentes, e só durante o horario das sesións de control, nos areais onde nacen os poliños. Por elo avisouse en bastantes ocasions a policía local do Grove, xunto cos gardas e os axentes de medio ambiente, quenes tomaron as medidas oportunas cursando as diferentes denuncias.

G. Ferreiro.

A pesar de que o Complexo Intermareal Umia-O Grove (Reserva Ornitolóxica do Grove) é case o último refuxio para as especies nidificantes da provincia de Pontevedra, e a pesar de todos os obstáculos aos que se enfrontaron, as píllaras das dunas seguen loitando por reproducirse nas nosas praias.

 Grazas a todas as persoas que as axudaron e as respectaron!

No hay comentarios:

Publicar un comentario