viernes, 21 de noviembre de 2025

E. González.

  O vindeiro 30 de novembro faremos unha saída ornitolóxica para observar as aves invernantes da enseada de San Simón, Vilaboa.

No percorrido poderemos obsevar aves acuáticas como  patos, cullereiros,  limícolas , garzas, corvos mariños, gaivotas varias,  rapaces como aguia pescadora e diferentes paxariños.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario