miércoles, 21 de enero de 2026

Día Mundial dos Humidais – Roteiro e visita guiada ao Centro de Interpretación da desaparecida Lagoa de Antela e outras zonas humidas da Limia (Ourense).

G. Ferreiro.

 O domingo 1 de febreiro convidámoste a celebrar con nós o Día Mundial dos Humidais. Coa colaboración do concello de Sandiás faremos cunha visita guiada ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, en Sandiás (Ourense). A continuación, realizaremos un roteiro polos principais humidais da Limia e  terreos que un día ocupou a desaparecida Lagoa de Antela.

A actividade pretende destacar o enorme valor ecolóxico dos humidais, tanto para a natureza como para o propio benestar humano, e a importancia de protexelos. Ao longo do percorrido iremos descubrindo a rica comunidade de aves que habita estes ecosistemas, o impacto que tivo a desaparición de Antela e a necesidade de avanzar cara á súa recuperación ecolóxica.

A Lagoa de Antela é un caso emblemático. Foi, no seu momento, unha das lagoas máis importantes da península ibérica, cunha extensión de 3.600 hectáreas. Situada na comarca da Limia (Ourense), foi desecada entre os anos 50 e 60 para usos agrícolas, e da que hoxe só quedan pequenas zonas parcialmente restauradas. É un lugar cargado de memoria ambiental e social.

A actividade terá lugar o 1 de febreiro de 2026. Desenvolverase principalmente durante a mañá, con posibilidade de continuar pola tarde para quen o desexe. O xantar será de campo, polo que cada participante deberá traer a súa propia comida.

 Inscrición: A participación é gratuíta, pero require inscrición previa a través do correo seo-pontevedra@seo.org . As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. 


lunes, 19 de enero de 2026

CRÓNICA DE VIAJE POR LA COSTA NORTE DE AROUSA



 Bonito domingo, clima favorable y con una lista de muuuchas especies, la mayoría acuáticas.

Lista de aves: Ánade azulón, Serreta mediana 3 (1M y2H), Ostrero euroasiático 254, Espátula común 21, Garza real, Garceta común, Cormorán grande, Águila pescadora, Busardo ratonero, Chorlito gris, Chorlitejo grande, Zarapito trinador, Correlimos común, Correlimos tridáctilo, Andarríos chico, Aguja colipinta, Archibebe común, Archibebe claro, Vuelvepiedras común, Gaviota reidora, Gaviota cabecinegra, Gaviota cana, Gavión atlántico, Gaviota patiamarilla, Gaviota sombría, Charrán patinegro, Somormujo lavanco 34, Zampullín cuellinegro 99, Paloma torcaz, Busardo ratonero, Águila pescadora, Pico picapinos, Corneja negra, Urraca común, Carbonero garrapinos, Carbonero común Martín pescador,  Urraca común, Corneja negra, Pito ibérico, Carbonero común, Mosquitero común, Chochín paleártico, Mito común,  Curruca capirotada, Mirlo común, Zorzal común,  Petirrojo europeo, Colirrojo tizón,  Lavandera blanca, Bisbita pratense ,Gorrión común y  Serín verdecillo.

miércoles, 7 de enero de 2026

COSTA NORTE DE AROUSA



O vindeiro 18 de xaneiro faremos unha saída ornitoloxica pola costa norte da ria de Arousa (CO) para observar as aves que pasan o inverno neste lado da ría.

Para inscribirse ou ter mais información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse.