![]() |
| E. González. |
O vindeiro domingo, 22 de novembro, realizaremos unha nova saída ornitolóxica para descubrir as aves que elixen este recuncho resgardado do fondo da ría de Vigo para pasar o inverno.
Durante a xornada, achegarémonos a este interesante espazo intermareal onde poderemos observar diferentes especies acuáticas que atopan aquí alimento e refuxio durante os meses máis fríos do ano.
A continuación, continuaremos seguiremos o roetiro pola costa norte da ría de Vigo, parando en distintos puntos de interese para seguir descubrindo outras especies invernantes.
Unha boa oportunidade para coñecer mellor a riqueza ornitolóxica dsa nosas rías, gozar da observación de aves no seu medio natural e compartir unha xornada de natureza e aprendizaxe.
Para poder participar nas excursions de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse.
Para inscribirse ou ter mais información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.
As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.
.jpg)