Mostrando entradas con la etiqueta Cirrio pálido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cirrio pálido. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de octubre de 2021

NUEVA PLACA

Esta es la placa que hemos recomendado y que han colocado en el edificio rehabilitado del casco histórico de Cambados, después de haber hecho las obras de reforma y haber respetado los huecos de acceso en la colonia de vencejo pálido (Apus pallidus), donde las aves siguen anidando felizmente.

Gracias a todas las personas que han hecho posible que los vencejos pálidos continúen criando en Cambados. Ellos nos lo agradecen alegrando los días con sus llamadas y sus pasadas por calles y plazas de esta acogedora villa litoral.

domingo, 30 de mayo de 2021

INTERVENCIÓN NUNHA COLONIA DE CIRRIOS

Nestes días comprobamos que estaban iniciando unhas obras de rehabilitación nun edificio de vivendas da vila costeira de Sanxenxo, Pontevedra, donde tiñamos localizada unha importante colonia de cirrios ou vencejos.

Rápidamente puxémonos en contacto coa empresa e arquitecto director das obras. Tras unha reunión de urxencia no propio edificio, comprobamos que o alcance das obras non ia afectar directamente a zona de aniñamento, as cales consistirían en reparacións puntuais da cuberta, illamento dunha terraza e limpeza e pintado de fachada.

Neste edificio os cirrios utilizan os ocos das tellas que hai baixo o aleiro do tellado para acceder os niños, albergando unha colonia mixta de Cirrio pálido ou Vencejo pálido (Apus pallidus) e Cirrio común ou Vencejo común (Apus apus). Lembramos que o círrio foi nomeado Ave do Ano 2021 por SEO/BirdLife, polo retroceso que esta sufrindo en toda España.

Fachada con redes. E. González.

E ainda que as obras en sí non ian afectar os niños, para a rehabilitación do inmoble, a fachada foi andamiada completamente e instaláronse redes de protección que subían ata a cuberta do edificio. Estas redes dificultan o acceso dos cirrios aos niños e corren o risco de quedar atrapados nelas.


Aleiro coa rede diante. E. González.

En canto contactamos coa empresa promotora da obra mostrouse participativa o mesmo que o arquitecto director, o cal era coñecedor da colonia e foi sensible ao problema.

As nosas recomendacións foron aceptadas e aplicadas con axilidade as cales consistían na retirada da citada rede en toda a parte superior do andamio. Tamén se lle indicou que foran especialmente coidadosos na limpeza das cornisas e tomaran todas as precaucións necesarias para evitar molestias nas zonas próximas aos accesos no aleiro.   

Aleiro sen rede. E González.

Neste caso as Aves do Ano 2021 puideron seguir coas suas tarfeas reprodutivas, e desexamos que así sexa por moito tempo. 

Aleiros sen redes. E. González.

Os cirrios son aves extraordinariamente adaptadas ao medio aéreo. Pasan a maior parte da súa vida voando, ata dous anos sen posarse e percorrendo o mundo. Aliméntanse, beben, apareanse e durmen no aire. Suben en grupo ao anoitecer a 2000 m de altura desaparecendo na atmósfera e descenden pola mañá en bandadas disgregándose e alegrando o día cos seus bulicios.


Os cirrios sufren ameazas que merman a suas poboacions: contaminación, plaguicidas... e sobre todo a falta de ocos onde aniñar, debido as restauración non cuidadosas do Patrimonio e de edificios, que taponan ocos e emparedan polos. A esto súmaselle que a nova edificación e as suas técnicas de peche estanco que non lles ofrecen posibilidades de aniñar.

Salvo contadas escepcións, os cirrios non ensucian nin danan o Patrimonio e están protexidos pola ley. A obstaculización das áreas de cría,  a eliminación de niños, ovos ou polos están penados con fortes sancións.