domingo, 29 de octubre de 2023

ALEGAMOS A UN PROXECTO DE REGADÍOS NA LIMIA, OURENSE

Xunto coa Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e a Sociedade Galega de Ornitoloxia (SGO), presentamos alegacións ao Proyecto de Mejora para el aprovechamiento en regadío de las 42 captaciones de las aguas subterráneas “A Limia 2022”, polos graves impactos que podería causar en espacios e especies protexidas.

O proxecto de mellora para o aproveitamento en regadío das 42 captacións das augas subterráneas na Limia (Ourense) presentado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Sociedade Mercantil Estatal de Infraestruturas Agrarias, S.A., pretende desenvolver tres redes colectivas de transporte de auga para a rega nunha zona de actuación que cubriría unha superficie de 4.859 ha (casi 50 km2).

Campo_cebollas_regado_A_Limia_SGP-SGHN

Campo_cebolas_regado_A_Limia_SGP-SGHN

As tres balsas de rega terían unha capacidade de almacenamento de 76.000 metros cúbicos, unha cantidade que supera o volume da capacidade de abastecemento de auga potable da cidade de Ourense que alcanza os 69.000 metros cúbicos ao día.   Desde os pozos de bombeo das captacións subterráneas, impulsarase a auga ata as balsas mediante a construción de tubaxes de impulsión e desde as balsas desenvolverase unha rede de rega ramificada baseada na realización dun 120 km lineais de gabias onde se soterrarán. A todas estas infraestruturas e obras de construción habería que sumarlle a construción de camiños, edificios de control, obras e estruturas especiais para a rega e a electrificación de todo o sistema para o funcionamento da rega, coa consecuente instalación de liñas eléctricas.

As organizacións manifestamos ademais, que con todo isto producirase un aumento da intensificación agrícola na zona e unha potencial sobreexplotación do acuífero, amplificando os potenciais impactos ambientais do proxecto.

Aínda que o proxecto xa foi modificado para sacar as balsas de rega da superficie da ZEPA (o resto das infraestruturas están total ou parcialmente dentro da ZEPA) e usar enerxías renovables para as captacións, a transformación e intensificación do uso das terras seguirá xerando impactos significativos sobre os valores do espazo, que xa está nun estado pouco favorable, sen esquecer que tamén hai especies e hábitats protexidos fóra da ZEPA.

Regadio_A_Limia_SGP-SGHN

Regadio_A_Limia_SGP-SGHN

O espazo afectado constitúe un dos últimos territorios reproductores para algunhas especies de aves da rexión como a avefría choromica ou o pernileiro europeo e alberga poboacións de plantas e aves catalogadas como ameazadas (Vulnerables ou En Perigo de Extinción) a nivel estatal e rexional como a tartaraña cincenta, o sisón ou o cardiño de lagoa (Eryngium viviparum).

Impacto para a biodiversidade

O impacto ambiental da destrucción e ocupación definitiva dos terreos polas balsas e da excavación das zanxas será grave e irreversible, afectando ao funcionamento hidrolóxico dos hábitats da zona e as súas especies.

A obra, de 36 millóns de euros, apenas contempla un 0,8% do orzamento total de execución para a posta en marcha dalgún tipo de medida correctora ou compensatoria que amortigüe os graves impactos que sufrirá o territorio. Ademais, trátase de fondos do Plan de Recuperación e Resilencia, que están suxeitos a cumprir o criterio DNSH (“Do not significant harm”), que significa que os investimentos non poden xerar impactos, algo que non se cumpre neste caso, aínda que poida argumentarse a mellora na xestión da auga.

O proxecto localízase parcialmente dentro da Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) ES0000146 «A Limia» e é lindeira coa Zona Especial de Conservación (ZEC) ES1130006 «Veiga de Ponteliñares», ambos os espazos protexidos da Rede Natura 2000, e coa Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, que podería verse tamén parcialmente afectada.

Por outra banda, debido á súa importancia ornitolóxica e ás especies de aves incluídas no Anexo I da Directiva de Aves (Directiva 2009/147/CE, relativa á conservación das aves silvestres), a zona foi designada  como Área Importante para la Conservación de las Aves y la Biodiversidad (IBA) 008 “A Limia”, e polo tanto o proxecto podería afectar gravemente as especies polas que foi designada. Entre estas especies destacan o sisón común, recentemente catalogada a nivel estatal como En Perigo de Extinción ou a tartaraña cincenta, declarada por SEO/BirdLife Ave do Ano para chamar a atención sobre o seu delicado estado de conservación xa que se atopa incluido tamén no Catálogo Español de Especies Amenazadas coa categoría de Vulnerable.

Aves únicas en Galicia

Ademáis destas especies, que sofren un grave declive a nivel estatal, na zona afectada polo proxecto subsisten algunhas poboacións de aves únicas a nivel autonómico. Por exemplo, unha poboación reprodutora de avefría choromica, catalogada como En Perigo de Extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, coas únicas poboacións reproductoras galegas na Limia e prácticamente os únicos territorios nidificantes que subsisten no norte da península. Tamén podeían verse afectadas entre 3-4 territorios de cría de pernileiro europeo, catalogado tamén como En Perigo de Extinción na mesma norma gallega, tanto no caso das súas poboacións nidificantes como no caso das invernantes.

A riqueza ornitolóxica da Limia, e concretamente da zona do proxecto, na época reprodutora queda patente coa presenza como reprodutores de especies como chotacabras gris, terrera común (co único núcleo reproductor de Galicia), cotovía pequena, papuxa do mato ou picanzo vermello. Por outra banda, tamén usan a zona como área de alimentación, descanso ou invernada outras especies protexidas e ameazadas entre as que destacan polo seu número e importancia: el abelleiro europeo, miñato negro, miñato real (incluido no Catálogo Español de Especies Amenazadas como En Peligro de Extinción e que conta con varios durmidoiros invernais na zona do proxecto), cobreira europea, tartaraña das xunqueiras, tartaraña gatafornela, águia calzada, falcón esmerillón, falcón peregrino, avetarda grande ou píllara dourada europea. Outra especie para a que a conservación deste espazo é clave, é a rula europea, que presenta un grave declive e para a que existe un Plan de Xestión a nivel europeo que establece a necesidade de poñer en marcha medidas de conservación, especialmente nas ZEPA onde se atopa. Conta cunha poboación reprodutora relevante na ZEPA afectada polo proxecto, onde ademais prodúcense grandes concentracións en paso. Neste caso, tanto as zonas arborizadas ou árbores dispersas, como as zonas de cultivo son de interese para a especie.

Alcaravan_Burhinus_oedicnemus_SGP-SGHN

Pernileiro_Burhinus_oedicnemus_SGP-SGHN

A zona afectada tamén alberga unha das mellores poboacións a nivel mundial do endemismo vexetal Eryngium viviparum (cardiño de lagoa), incluido no Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España, publicado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, coa categoría de En Perigo e que está catalogado como Vulnerable no Catálogo Español de Especies Ameazadas e como En Perigo de Extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Trátase dunha especie exclusiva do noroeste de Francia (landas de Morbihan), norte de Portugal e noroeste de España, con aproximadamente o 98% dos efectivos mundiais en territorio galego e case o 95% na Limia.

Por outra banda, pero non menos importante, hai que destacar que a localización das enormes balsas de regulación que se queren construír supoñería a destrución directa de arbolado autóctono maduro, circunstancia a ter moi en conta pois no ámbito do proxecto, as transformacións hidrolóxicas e agrícolas supuxeron nos últimos 60 anos a perda de máis de dous terzos do arboledo existente.

A Estratexia de conservación de aves ameazadas ligadas a medios agrarios e esteparios aprobada en España establece os criterios orientadores e as directrices para a conservación destas especies que se atopan nun estado desfavorable de conservación en España. A transformación en regadío provoca a perda do hábitat no que perviven as aves dos agrosistemas, polo que, seguindo o establecido no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia e a ficha do propio espazo, o presente proxecto non debería executarse.

As tres organizacións solicitamos ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación que se rexeite a autorización do proxecto por:

  • A falta de avaliación das repercusións e impactos sobre espazos protexidos da Rede Natura 2000.
  • A afección directa do proxecto sobre Áreas Importantes para a Conservación das Aves e a Biodiversidade (IBA), ao desenvolverse no interior da IBA 008 “A Limia”.
  • A afección a especies ameazadas e protexidas, a nivel europeo, estatal e autonómico, algunhas delas catalogadas a nivel estatal e autonómico como “En Perigo de Extinción”.
  • A deficiente avaliación das repercusións sobre o impacto do proxecto nun espazo natural protexido como é a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”.
  • As considerables deficiencias detectadas na calidade do documento de Avaliación Ambiental.
  • A posible vulneración da normativa europea en materia de medio ambiente e dos regulamentos que establecen os criterios para a implementación do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE.

domingo, 1 de octubre de 2023

71 ESPECIES DE AVES

E. González.

Onte foi a celebración do Día das Aves na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove e contorna.

O día foi atípico polas temperaturas tan elevadas, pois alcanzamos os 32º, pero a participación neste evento foi moi alta e todos puidemos gozar das aves que observamos en diferentes espazos deste lugar protexido.

Elanio común. David Alonso.

En total identificamos 71 especies de aves.

A destacar: Cuchara común, Ánade friso, Silbón europeo, Ánade azulón, Ánade rabudo, Cerceta común, Flamenco común,  Zampullín común, Rascón europeo, Gallineta común, Focha común, Ostrero euroasiático, Chorlitejo grande, Zarapito trinador, Zarapito real, Aguja colipinta, Aguja colinegra, Correlimos común, Andarríos chico, Archibebe claro, Archibebe común, Gaviota reidora, Gaviota cabecinegra, Gaviota patiamarilla, Gaviota sombría, Gavión atlántico, Charrán patinegro, Cormorán grande, Garza real, Garceta grande, Garceta común, 6 Garcilla bueyera, 214 Espátula común, Águila pescadora, Elanio común, Aguilucho lagunero occidental, Gavilán común, Azor común, Busardo ratonero, Martín pescador común, Pito ibérico, Cernícalo vulgar, Halcón peregrino, Alondra totovía, Golondrina común, Mosquitero musical, Curruca cabecinegra, Curruca rabilarga, Reyezuelo listado, Gorrión molinero, Jilguero europeo, Escribano soteño, etc.

E. González.


Foto: Gustavo Ferreiro
Flamenco común. Gustavo Ferreiro

miércoles, 20 de septiembre de 2023

DÍA DAS AVES 2023

 
E. González.

Chega o Día dos Aves, unha fin de semana para gozar da natureza

Baixo o lema “Goza e coñece as aves que te rodean”, SEO/BirdLife celebrará os días 31 e 1 de outubro o maior encontro dedicado a este grupo faunístico con actividades para todos os públicos.

SEO/BirdLife anima á sociedade con esta cita anual e aberta á participación en numerosos puntos de toda España con rutas guiadas, puntos de observación e moitas outras actividades.

O grupo local SEO-Pontevedra celebrará esta xornada o domingo 1 de outubro cunha visita guiada por ornitólogos a Reserva Ornitolóxica SEO/BirdLife de O Grove, a reserva ornitolóxica máis grande de España, a única de Galicia e a primeira que inclúe medio mariño.

Este evento aberto e gratuíto trata de poñer en valor a gran riqueza da Reserva e concienciar sobre a conservación das aves e da natureza.

 ANÍMATE!!

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

 

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse.


lunes, 4 de septiembre de 2023

AS AVES DO SUR



As fermosas fotos son de Elena Armesto.

Onte no roteiro polo sur da provincia de Pontevedra, percorrimos diferentes habitats para observar aves mariñas en paso migratorio, paxariños migrantes no alto da serra, paxaros de bosque e aves acuáticas de humedal.



O tempo estuvo bastante variable pois pasamos da humidade do mar e do frío  da serra, ata o calor bochornoso pola tarde, tamén nos caeron unhas pingas de choiva, ainda así a climatoloxía permitiunos paxarear.



Identificamos  61 especies de aves das que destacamos: 

113 Negrón común, Vencejo pálido, Rascón europeo, Ostrero euroasiático, Zarapito trinador, Zarapito real, Aguja colinegra, Vuelvepiedras común, 8 Agachadiza común, Andarríos chico, 36 Andarríos grande, Archibebe claro, 6 Paíño europeo, 12 Pardela cenicienta, 1 Pardela pichoneta, 3 Pardela balear, Alcatraz atlántico, 10 Charrán común/ártico,  2 Espátula común, 2 Águila pescadora, 2 Aguilucho lagunero occidental, Busardo ratonero, Martín pescador común, Cernícalo vulgar, Golondrina dáurica, Mosquitero musical, Curruca zarcera, Zorzal charlo, Papamoscas gris, 11 Papamoscas cerrojillo, 3 Collalba gris, 26 Lavandera boyera...






miércoles, 23 de agosto de 2023

POLO SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

E. González


O vindeiro 3 de setembro faremos un roteiro polo sur da provincia de Pontevedra.

Percorreremos diferentes ambientes para observar aves migradoras posnupciais que atravesan por esta comarca: aves mariñas, paseriformes, rapaces ou  aves acuáticas.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

 

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse.


miércoles, 2 de agosto de 2023

PARA OS QUE NON SABEN E PARA OS QUE NON QUEREN SABER


Píllara das dunas. Adulto con dous polos. Ana Crespo.

Non nos cansaremos de lembrar que a Píllara dás dunas ou Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), é unha especie protexida que aparece  no  Libro Vermello das Aves de España na categoría de "En perigo" e "Vulnerable" no Catalogo Galego de Especies Ameazadas. 

Isto significa que a súa poboación reprodutora enfróntase a un risco moi alto de extinción nun espazo curto de tempo se non se toman medidas para evitalo.

Continuamos levando cans aos areais da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, onde nacen as píllaras, sendo unha das perturbacions máis importantes xa que provocan graves consecuencias sobre os seus polos, como o caso do poliño ferido por un can e levado ao Centro de Recuperación da Fauna Silvestre da Xunta, e que non sobreviviu. 

 

A DÍA DE HOXE SEGUIMOS LEVANDO CANS AOS AREAIS

A PESAR DA INNUMERABLE CARTELERÍA

QUE INFORMA DA PROBLEMÁTICA DA PÍLLARA

E DOS CARTEIS  

QUE PROHIBEN CANS NA PRAIA

 

A PESAR DAS CONTINUAS CHAMADAS DE ATENCIÓN

 POR PARTE DOS VOLUNTARIOS DE SEO PONTEVEDRA

 E DOS VIXIANTES DO ESPAZO

 

A PESAR DAS MULTAS DA POLICÍA LOCAL,

DOS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS E DO SEPRONA

 

E HABENDO UN AREAL CANINO MOI PRETO

 

CADA DÍA XENTE INCÍVICA

CONTINÚA LEVANDO CANS

 ÁS POUCAS PRAIAS DE GALICIA

 ONDE AÍNDA CRÍA A PÍLLARA DAS DUNAS

 

É DE PERSOAS EGOÍSTAS

NON QUERER ACEPTAR CAL É A PRIORIDADE,

SE O DISFRUTE DAS SUAS MASCOTAS 

 QUE ESTÁN PROHIBIDAS NESTES AREAIS,

POLO QUE INFRINXEN A LEI

                                   E  QUE ADEMAIS  NON CORREN NINGÚN RISCO  DE EXTINGUIRSE,

 

OU A SUPERVIVENCIA DOS ANIMAIS SILVESTRES

COMO A PÍLLARA DAS DUNAS

QUE TEÑEN QUE SOBREVIVIR  POR SI SÓS

NUN MUNDO CADA VEZ MÁIS HUMANIZADO E DETERIORADO

E QUE ESTÁN EN PERIGO DE DESAPARECER PARA SEMPRE.

POLA CULPA DOS SEUS CANS


E. González.

lunes, 31 de julio de 2023

ROTEIRO POR VERÍN

Niño de Anduriña daúrica. Marcos Ferradás.

Onte tivemos a saída para observar aves por diferentes espazos de Verín. Fixo bastante calor e o sol caía a plomo, ainda así poidemos identificar 53 especies de aves, principalmente estivais migratorias, que eran un dos nosos obxetivos.

Águia calzada. Marcos Ferradás.

Destacar das 53  especias vistas, as seguientes:

Coturnix coturnix

Streptopelia turtur

Pernis apivorus, 2

Circaetus gallicus, 2

Hieraaetus pennatus, 2

Milvus migrans, 1

Buteo buteo

Alcedo atthis

Merops apiaster, 10

Falco subbuteo

Oriolus oriolus

Lanius meridionalis, 3

Lanius senator, 1

Lullula arborea

Ptyonoprogne rupestris

Cecropis daurica

Delichon urbicum

Phylloscopus ibericus

Curruca melanocephala

Curruca communis

Curruca undata

Luscinia megarhynchos

Ficedula hypoleuca

Emberiza calandra...


Abelleiro europeo. Marcos Ferradás.


Papamoscas negro. Carlos López.

viernes, 21 de julio de 2023

VENRES NEGRO PARA AS PÍLLARAS DA LANZADA

Píllara das dunas, Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus)  G. Ferreiro.

Hoxe foi un día negro para as Píllaras das dunas (Charadrius alexandrinus) da praia da Lanzada, espazo natural protexido que pertence ao Complexo Ons-O Grove, é Rede Natura 2000, Humidal protexido Ramsar e que está na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife.

Xa as 7:10 da mañá, baixou un home co seu can (dunha  das 41 autocarabanas  do aparcamento central), que empezou a correr detrás das píllaras. En canto o vimos, botámolos fora da prai cunha boa bronca. 

Un pouco maís tarde apareceu outro individuo con outro can, e xa cansados, chamamos a policía do Grove, que pronto se presentou e cursou a denuncia pertinente.

E. González.

Tamén hoxe andaba pola Lanzada un misterioso Dumper, movéndose pola parte alta da praia, preto da duna, e recollendo paus que arrastrou a marea. Estaría ben que alguén lle explicara a esta xente que non é a época nen a metodoloxía que empregan o axeitado para unha praia que ten nestes momentos 3 niños con poliños pequenos que ainda non poden voar. E algo moi importante, os paus ao igual que as algas que arrastran as mareas NON SON LIXO. Pola contra, forman parte destes ecosistemas costeiros naturais e son necesarios para a propia vida das praias e dunas.

G. Ferreiro.

Ademáis tamén nos atopamos con outras ameazas novas.

A. Silva.

O peor de todo é que  un dos poliños que xa cumprira 24 días de idade, tiña unha á ferida. Era a á esquerda e presentaba unha torsión evidente que impediría o seo voo. Esta lesión condenaría a pequena píllara a unha morte segura.

                     Vídeo da píllara ferida, probablemente polo ataque dun can.   G. Ferreiro.

Polas evidencias que habia na praia, con unha grande cantidade de pegadas de cans na zona onde se movían as píllaras, lévamos a pensar que sufriu un ataque dun can.                               

Pegadas de can que se introducen no balizado do niño. G. Ferreiro.

Finalmente non quedou outra alternativa que capturar o poliño e envíalo ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Xunta de Galicia para que os veterinarios tenten recuperalo e posteriormente se poida soltar na praia onde naceu.

G. Ferreiro

Unha vez mais queremos chamar a atención en que evitar a extinción desta especial ave depende da implicación de todos. Tanto os usuarios das praias como as administracións e axentes da autoridade deben implicarse dunha forma decidida e seria, e cumprir e facer cumprir as leis de forma clara e contundente. 

lunes, 17 de julio de 2023

Verín

E. González.

PRAZAS COMPLETAS

O vindeiro 30 de xullo o noso grupo local fai unha excursión a Verín, Ourense, para percorrer alguns dos seus espazos naturais de características mediterráneas e disfrutar das aves que viven neles.

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

 

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar nas excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres as duas da tarde. 

viernes, 23 de junio de 2023

MÁIS NIÑOS E POLIÑOS DE PÍLLARA

Polo voantón anelado este ano na Reserva. Juan Gómez

Onte naceron máis pollos de Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro nunha das praias de Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove. Tamén apareceu outro niño con 3 ovos que no mesmo día quedou protexido.

E hoxe volvémolos a observar: 1 parella con 3 poliños e preto desta, outra parella con 1 pito, xa que neste niño só houbo 2 ovos.

A pesar de que eran moi pequerrechos, os poliños das duas parellas curricaban despreocupadamente pola area da praia peteirando entre as algas abeiradas, pero baixo a atenta vixiancia dos seus pais.

Por sorte no tempo que estivemos no areal non vimos cans.

Ogallá saian adiante!!