domingo, 18 de octubre de 2020

A PÍLLARA DAS DUNAS NA POBRA DO CARAMIÑAL

O. Gaitán.

Onte englobado dentro do Proxecto "Conservación da Píllara das dunas mediante a educación e o coñecemento, nas praias da península do Barbanza",  coofinanciado pola Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal, celebramos a presentación da Píllara das dunas S.O.S. no Auditorio Valle-Inclán,  onde se encheron todos os espazos dispoñibles deste local.

O. Gaitán.


Os participantes moi interesados coñeceron un pouco mais a píllara e tomaron conciencia dos problemas que teñen na comarca para a sua supervivencia o que reflexaron posteriormente na mesa redonda na que participaron activamente.

O. Gaitán.

Logo na saída a Corna viron in situm os retos aos que cada ano se enfrentan as píllaras, como os cans , pois no espazo de tempo que estivemos no areal 14 cans accederon a esta praia.

O. Gaitán.

Grazas a todas as personas participantes e que mostraron interés pola proteción desta pequena ave.

No hay comentarios:

Publicar un comentario