domingo, 21 de abril de 2019

MAIS NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS (CHORLITEJO PATINEGRO)

Onte na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove onde nidifican as píllaras das dunas (Charadrius alexandrinus), aparecenron dous novos niños desta limícola ameazada e protexida.

Un niño descubrímolo no lado norte de praia, de momento con 2 ovos e outro no lado sur ainda con 1 ovo.

Niño 2. G. Ferreiro
Hoxe apareceu no lado sur un novo niño, tamén con 2 ovos.

Niño 3. G. Fereiro
En total son xa 4 os niños de píllara das dunas instalados neste areal da Reserva Ornitolóxica do Grove.

Tampouco faltou a xente con cans na praia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario