viernes, 12 de abril de 2019

MESA DE TRABALLO DO "GRUPO PÍLLARA" PARA OS CONCELLOS DE SANXENXO E O GROVE, PONTEVEDRA

Niño 1. 2.4.2019. E. González

Hoxe venres reunímonos nas dependencias de Medio Ambiente da Xunta de Galicia de Pontevedra,  técnicos e concelleiros dos concellos de Sanxenxo e O Grove, ademáis de Conservación da Natureza, Costas do Estado, Universidade de Santiago de Compostela e os grupos conservacionistas SEO-Pontevedra e Sociedade Galega de Ornitoloxía.

A finalidade desta mesa de traballo foi coordinar as actuacións nas praias con presenza de píllara das dunas -Chorlitejo patinegro- (Charadrius alexandrinus), nestes dous concellos, para favorecer a conservación da especie na península do Salnés.

Creemos que a reunión foi moi productiva e esperanzadora.

1 comentario: