O próximo domingo 14 de abril faremos a seguiente excursión ornitolóxica a Verín, Ourense.
Percorreremos diferentes zonas para observar as aves que habitan neste espazo de características mediterraneas: ouriolo, cuco, picanzo real e común, bubela, rousinol, gatafornela, tartaraña cincenta, águia cobreira, miñato abelleiro, etc.
Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.
Para poder participar nas excursiones de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do venres 12, as 14:00 h. a.m.
A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.
O grupo local SEO-Pontevedra leva anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.
Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.
Con nosas excursions xa podes disfrutar das aves mentras colaboras na conservación da píllara das dunas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario