Femia chocando. G. Ferreiro. |
Onte foi localizado o primeiro niño de píllara das dunas ou chorlitejo patinegro nunha das praias da Reserva Ornitolóxica do Grove.
Niño con ovos. G. Ferreiro. |
O niño con 3 ovos que está instalado no borde dunar foi protexido cun valado perimetral.
Instalando o valado. E. González. |
Ademáis desta niñada, outras 3 parellas móvense pola praia na procura dun lugar axeitado onde aniñar.
As píllaras das dunas son aves protexidas e corren perigo de desaparecer de Galicia. Para que esto non suceda só necesitan tranquilidade e praias onde non se cribe a area, é dicir, praias naturais e sas, como esta praia da Reserva.
Tamén é moi importante que no haxa cans nos areais, xa que son un factor de perturbación biolóxico moi grande, pois causan moito estrés nos adultos, o que pode provocar abandono de postas e depredación de poliños, unha vez nacidos.
Por favor, NON LEVES CANS A PRAIA!!!
Dicir que na praia de Montalvo, no concello de Sanxenxo, había varias píllaras que levaban unha tempada asentadas, ata que pasou a máquina cribadora de area, desde entón desapareceron de Montalvo, e de momento, non voltaron.
Dicir que na praia de Montalvo, no concello de Sanxenxo, había varias píllaras que levaban unha tempada asentadas, ata que pasou a máquina cribadora de area, desde entón desapareceron de Montalvo, e de momento, non voltaron.
Macho de píllara en Montalvo antes do paso da maquina cribadora de area. G. Ferreiro. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario