Hoxe o noso grupo local realizou varias actividades ambientais en distintos puntos da nosa comunidade.
Unha das actividades foi con AXA e consistiu nun obradoiro de caixas-niño na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, onde nenos e adultos disfrutaron montando os nidais para páridos que posteriormente foron colgados en diferentes árbores da Reserva.
E a outra actividade foi co BBVA, consistente na limpeza e extración de plantas exóticas invasoras na praia e dunas de Alba - Sabón.
Un total de 570 kilos retiraron os voluntarios dos areais, entre residuos contaminates e uña de gato (Carpobrotus edulis).
Foi un día moi agradable e unha vez mais as persoas aportaron un gran esforzo no seu tempo libre en favor da natureza e das aves.
Mil grazas a todos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario