sábado, 19 de octubre de 2019

LIMPEZA PRAIA DA LANZADA


Hoxe sábado a pesar da chuvia insistente durante toda a mañan, un grupo de voluntarios percorrimos a praia da Lanzada, pertencente a Reseva Ornitolóxica de SEO/BirLife do Grove, para retirar o lixo depositado na area durante estes días de temporal.

Destacaron entre o lixo as cordas e os cabos da actividade pesqueira.

Foi unha mañan pasada por auga pero a Lanzada quedou un pouco aliviada de residuos contaminantes.

Grazas a todos os voluntarios pola sua solidaridade e a o BBVA e Concello do Grove pola sua colaboración !!


No hay comentarios:

Publicar un comentario