Durante este outono membros do noso grupo local percorremos unha gran parte dos colexios de primaria da comarca do Barbanza (A Coruña) para levarlle aos mais pequenos un agasallo: a Píllara das dunas.
Foron 492 alumnos e 37 profesores dos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son e Noia, a quenes dímoslle a coñecer esta limícola, falámoslle da importancia da sua protección, dos problemas cos que se enfrenta e como eles coas suas pequenas pero importantes accións, poden colaborar na conservación de esta especie tan emblemática das suas praias.
Tamén onte no Auditorio do museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, impartimos unha charla, neste caso para adultos, para mostrar os resultados do proxecto e as medidas de conservación que este ano SEO-Pontevedra levamos a cabo coas píllaras das dunas do Barbanza.
Tanto nenos como profesores e público en xeral, mostraron moito interés polo coñecemento desta ave protexida, polo que todos foron obsequiados con posters, trípticos e marcapáxinas ilustrados coa Ave do Ano 2019.
Todas estas actividades englóbanse no "Proxecto de Conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na península do Barbanza. A Coruña", no que colabora a Deputación da Couña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario