O próximo domingo 22 de decembro faremos unha excursión pola costa de Arousa Norte, A Coruña, zona de especial interés por ser lugar de invernada de aves acuáticas tan atractivas como mobella, mergo cristado, mergullon de pescozo negro, águia pescadora etc.
Se queres participar na saída só tes que enviarnos un correo e daremosche máis información.
É fundamental inscribirse antes do venres 20 as 14:00h. para poder participar nas excursiones de SEO-Pontevedra.
A píllara das dunas é unha pequeña limícola que aniña nas praias de Galicia. É unha especie ameazada polo que necesita medidas de conservación.
O grupo local SEO-Pontevedra leva varios anos facendo o seguemento e colaborando na protección da poboación reproductora das praias do Salnés.
Para financiar os gastos do voluntariado, por cada saída ornitolóxica aceptanse donativos dos participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario