Onte mércores 27 de maio o único niño de Píllara das duna (Charadrius alexandrinus), do Concello de Sanxenxo, situado na praia de Major foi destruido por unha mala persoa.
A gaiola que protexe o niño apareceu coa rede que cubre a parte superior forzada e aberta e faltaban os 3 ovos do interior, ademáis había unha botella de cerveza dentro do xaulón.
Pensamos que esta parella de Píllaras xa estivera na praia de Montalvo intentando aniñar e debido as molestias deste areal, desplazouse a Major para volver a intentalo, pero ahí tampouco lle deixaron.
Este feito xa foi denunciado ao Servizo de Conservación de Natureza e a Garda Civil para que o investigue.
A boa noticia e que apareceu un novo niño con 3 ovos nuha praia de O Grove, que xa quedou balizado e "protexido" con xaulón, ademáis anda pola praia un macho anelado novo para a nosa zona; e non só iso, senon que tamén descubrimos nesta mesma praia, 3 poliños de varios días dos que non tiñamos constancia debido a que non se poido facer o seguemento durante o parentesis do confinamento. Probablemente aniñasen na duna.
Femia de Píllara e 2 poliños protexéndose do calor baixo un tronco. O Grove. 27.05.2020. G. Ferreiro. |
¡Pobres Píllaras..., tan inocentes e tan maltratadas!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario