domingo, 21 de junio de 2020

PÍLLARA DAS DUNAS DA RESERVA ORNITOLOXICA

Macho de Píllara das dunas. Xuño 2020. G, Ferreiro.

Durante esta semana na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, naceron dous novos poliños de Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

Polo de agora temos nas praias do Grove 8 polos de distintas idades, e ainda quedan 3 niños por eclosionar.

Tamén hoxe no tempo que estivemos nunha soa praia, baixaron 8 cans ao areal.

De momento o Grupo local SEO-Pontevedra  levamos 76 horas de seguimento e control  nas praias  e informamos a 81 donos de cans presentes nestas, da prohibición de levalos a estes espacios protexidos.


1 comentario: